Wednesday 08 de May de 2024

Fabiola García sinala que o Centro de Día de Ecos do sur é un novo impulso para a integración da poboación migrante e con dificultades


A entidade tamén se encarga do empaquetado das Caixas Benvida para os bebés que nacen en Galicia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou o novo centro de día de Ecos do Sur que permitirá a esta Organización Non Gobernamental para o Desenvolvemento (ONGD) seguir facilitando a integración da poboación migrante e doutras persoas en situación ou risco de exclusión social. Nestas novas instalacións ofreceranse asesoramento legal, mediación intercultural, clases de lingua castelán ou a axuda dun traballador social, entre outros servizos.

Durante a súa intervención, Fabiola García enxalzou os case 30 anos de traballo de Ecos do Sur a prol da integración social e laboral, ao tempo que lembrou que esta entidade tamén se encarga do empaquetado das 18.000 Caixas Benvida que se entregan cada ano aos bebés que nacen en Galicia.

Nesta liña, garantiu a continuidade do apoio financeiro da Xunta ás actividades e proxectos desta organización. A conselleira gabou a sensibilidade e comprensión das persoas que forman parte de Ecos do Sur, xa que a tarefa que desenvolven axuda a moitas persoas a reducir as dificultades que se atopan á súa chegada a Galicia